Facilidades para a presentación de traballos científicos no IX Congreso Nacional FAECAP
Estimado/a socio/a:
Co gallo de fomentar a presentación de traballos científicos no 9º Congreso Nacional FAECAP que, como sabes, se vai celebrar os días 23, 24 e 25 de abril de 2015 en Santiago de Compostela, a Xunta Permanente acordou abonar a cantidade de 70 € aos socios e socias que presenten unha Comunicación (oral ou póster) e así o soliciten.
Para poder acadar esta bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser socio/a de AGEFEC e estar ao corrente no pago da cota anual.
2. Que a Comunicación que se presente sexa aceptada polo Comité Científico e que esta sexa presentada de forma efectiva.
3. Que polo menos un dos autores figure como inscrito no Congreso.
4. Só se abonarán 70 € por Comunicación presentada, independentemente do número de autores.
5. Cada socio/a poderá optar únicamente a 1 bolsa de 70 €, independentemente do número de Comunicacións que presente.
6. A solicitude do abono farase ao remate do Congreso a seguinte dirección de correo electrónico: secretariatecnica@agefec.org, e só se fará efectiva unha vez que se certifique o cumprimento dos puntos anteriores.
7. O pago faráselle a persoa que defenda a Comunicación.
Aproveito para saudarte e agradecer a túa participación.
Unha aperta,
Manuel V. Fernández Fernández
Presidente
Non están permitidos os comentarios.