Solicitude da categoría de EFeC ó Servizo Galego de Saúde
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), o Consello Xeral de Enfermaría de Galicia e a Academia de Enfermaría de Galicia solicitan ao Servizo Galego de Saúde que sen mais demora proceda a creación da categoría profesional de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, e comece co proceso para a integración laboral dos especialistas desta categoría profesional.
O pasado 29 de Xaneiro a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), e os demais organismos asinantes enviaron o presente comunicado a Conselleira de Sanidade no que se demanda que o Servizo Galego de Saúde faga realidade o compromiso adoptado pola inserción laboral dos profesionais especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Non desperdiciando o seu caudal de coñecementos, aptitudes e habilidades que tanto esforzo e recursos necesitan para completar a súa formación, procedendo a súa inserción laboral no campo profesional para o que se formaron.
Non están permitidos os comentarios.