Cargando

Reunión da AGEFEC coa Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago de Compostela

Reunión da AGEFEC coa Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago de Compostela

  • Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI de Santiago de Compostela.
  • Tratáronse temas como  a Situación actual a nivel formativo da especialidade de EFeC, a aportación dos especialistas de EFeC na mellora da calidade asistencial dende o seu ámbito competencial e cal é a situación actual dos especialistas en EFeC, inserción laboral e perspectiva de futuro.

REUNION_EOXI

REUNIÓN COA EOXI DE SANTIAGO:

  • D. Luis Verde Remeseiro (Xerente EOXI Santiago)
  • D. Enrique González Rodríguez (Director de Procesos de Enfermaría da EOXI de Santiago)

ACUDEN:

  • Susana Mirás Carballal (Especialista en EFeC)
  • Silvia María Pazos Platas (Especialista en EFeC)
  • Francisco Jesús Represas Carrera (Especialista en EFeC)

 

 

Orden do día:

1. Situación actual a nivel formativo da especialidade de EFeC.

Confirman que xa se mandou a acreditación na convocatoria anterior, e saíu denegada, volvérona a enviar para a próxima convocatoria (2015), están pendentes de resposta, din que sobre o mes de Abril recibirán noticias. O Xerente non sabía que xa se acreditaran as Unidades Docentes de Pontevedra e Vigo, o cal molestoulle un pouco en relación a que eles están quedando a cola e non podía ser. Comprometeuse que fará as xestión oportunas co servizo de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade para intentar conseguir a acreditación para a próxima convocatoria EIR.

2. Aportación dos especialistas de EFeC na mellora da calidade asistencial dende o seu ámbito competencial.

Comprenden o noso potencial en Primaria sen dúbida algunha, e están totalmente de acordo con que formemos parte da asistencia sanitaria en A. Primaria. Explicamos a nosa labor en relación as estratexias Sergas 2014 e o Plan de Prioridades Sanitarias Sergas 2014-2016 (para isto entregamos un pequeno dossier).

3. Situación actual dos especialistas en EFeC, inserción laboral e perspectiva de futuro.

Están de acordo coa incorporación nosa na actividade asistencial en Primaria, pero afirman que debe ser algo paulatino, de reconversión progresiva cun futuro da cobertura da totalidades de postos de Enfermaría de AP por especialistas. O Xerente fala máis ben de crear unha lista con especialistas e que éstes teñan preferencia nos contratos de Primaria. O Director de enfermería refírese a creación de categoría Profesional. Ambos están de a cordo na creación dunha bolsa como punto de partida, para que nun futuro poidamos falar de OPE específica.
Descoñecen que temos o acordo firmado por todos os Sindicatos, así como que temos no noso poder un borrador deseñado pola Consellería sobre o plan de implantación da especialidade no Sergas. Comentámoslle que ata aquí foi todo o que fixemos, pero que agora está paralizado o proceso e que necesitamos da súa axuda. Pedímoslle que nos apoien en isto, e remitan a Consellería a súa postura. Afirman que así o farán para tratar de desbloquear a situación actual.
Como resumen final, agradecéronmos toda a información que lle transmitimos e felicitáronnos polo dominio dos temas tratados, pola preparación minuciosa que levábamos da reunión e pola documentación que lle entregamos.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios