Cargando

Reunión da AGEFEC coa Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra

Reunión da AGEFEC coa Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra

logo_agefec_100pxUnha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “promociónda especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI de Pontevedra.

Tratáronse temas como a situación actual a nivel formativo da especialidade de EFeC, a aportación dos especialistas de EFeC na mellora da calidade asistencial dende o seu ámbito competencial e cal é a situación actual dos especialistas en EFeC, inserciónlaboral e perspectiva de futuro.

ACUDEN:

  • José Manuel González Álvarez (Xerente EOXI Pontevedra)
  • Isabel Pérez García (Directora de Procesos de Enfermaría da EOXI de Pontevedra)
  • Nerea Costas Herrezuelo (Residente de EFeC)
  • Lorena Comesaña Diego (Especialista en EFeC)
  • Francisco Jesús Represas Carrera (Especialista en EFeC)

Orden do día:

  1. Situación actual a nivel formativo da especialidade de EFeC.

Mostramos o noso agradecemento pola solución da problemática en relación ao número de horas de atención continuada (gardas) que estaban facendo os residentes da Unidade Docente de Pontevedra, os cales facían un número de horas inferior ao resto das UDMAFeC de Galicia. Tamén aproveitamos para pedirlle que se segan ofertando ese mínimo de 6 prazas acreditadas e que se contemple nun futuro próximo o seu aumento.

  1. Aportación dos especialistas de EFeC na mellora da calidade asistencial dende o seu ámbito competencial.

Comprenden o noso potencial en Atención Primaria sen dúbida algunha, e están totalmente de acordo con que formemos parte da asistencia sanitaria deste ámbito. Explicamos a nosa labor en relación as estratexias Sergas 2014 e o Plan de Prioridades Sanitarias Sergas 2014-2016 (para isto entregamos un pequeno dossier).image001

  1. Situación actual dos especialistas en EFeC, inserción laboral e perspectiva de futuro.

Coinciden na necesidade da nosa incorporación a actividade asistencial en Atención Primaria como forma de rentabilizar o custo invertido na nosa formación e como unha maneira de potenciar o papel da Enfermaría en Atención Primaria. Xerente de Directora de Enfermaría deixaron moi claro de que apostan por unha incorporación progresiva coa intención de que nun futuro a totalidade de postos de Enfermaría de AP sexan ocupados por especialistas. Para isto e mentres que no se cree a categoría profesional plantexan unha modificación do actual pacto de contratacións para que se poida priorizar na contratación da Enfermaría de AP a profesionais especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Fixemos entrega do acordo firmado por todos os Sindicatos a favor da nosa inserción laboral, así como do borrador deseñado pola Consellería sobre o plan de implantación da especialidade no Sergas. Comentámoslle que ata aquí é todo o que levamos feito, pero que agora parece que a nivel de RRRHH da Consellería de Sanidade o proceso esta ralentizado e que necesitamos da seu apoio.

Pedímoslle o seu apoio neste tema, remitindo a Consellería a súa postura favorable. Afirman que así o farán para tratar de dar o impulso definitivo para a nosa inserción laboral.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios