Cargando

AGEFEC reúnese coa Conselleira de Sanidade de Galicia.

AGEFEC reúnese coa Conselleira de Sanidade de Galicia.

O pasado día 12 de marzo, a Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Dª. Rocío Mosquera Álvarez, acompañada pola Sudirectora Xeral de Planificación e Programación Asistencia, Dª. Teresa Queiro Verdes, recibiu a unha representación da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) encabezada polo seu presidente, D. Manuel Vidal Fernández Fernández en compaña da vicepresidenta, Dª Rita Díaz Hoyos e o do vogal e D. Ubaldo Fernández Varela.

Nesta reunión foronlle expostos á Conselleira diversos asuntos relevantes para a AGEFEC e para os enfermeiros e enfermeiras de atención primaria.

reunion_conselleria_marzo_2014En primeiro lugar, a vicepresidenta de AGEFEC e, á súa vez, presidenta do Comité Organizador do 9º Congreso Nacional de FAECAP, Rita Díaz, expuxo a importancia da celebración do congreso de FAECAP en Santiago de Compostela, os días 23, 24 e 25 de abril, que reunirá a máis de 700 congresistas e preto de 400 comunicacións científicas para, a continuación, solicitarlle colaboración e compromiso do seu departamento na difusión do evento, en facilitar a asistencia dos profesionais e na procura de axudas económicas para a inscrición, estimulando a presenza ao congreso de profesionais líderes no ámbito da atención primaria, vinculados á formación de residentes, á xestión de equipos e a produción científica (grupos de traballo e investigadores), ao que a Sra. Conselleira se comprometeu expresamente.

De seguido, o presidente de AGEFEC, Manuel Fernández, tras agradecerlle á Conselleira o compromiso acadado co congreso, comunicoulle que o día 24 de abril celebrarase unha Asemblea Xeral da Asociación onde se producirá a remuda da actual xunta directiva, onde cambiará tamén a presidencia, solicitándolle o apoio explícito á nova xunta directiva e compromiso para acadar, ao longo deste ano, dous obxectivos largamente perseguidos pola nosa sociedade e que, de seguro, van mellorar a calidade asistencial ademais de ser un dereito dos cidadáns. Estes obxectivos son:

  • A inserción laboral dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
  • Cota propia de enfermaría e libre elección de enfermeiro/a.

A resposta da Conselleira foi afirmativa en ámbolos dous puntos.
Mostrouse totalmente de acordo a que os especialistas de Enfermaría Familiar e Comunitaria traballen no ámbito de atención primaria, no que foron formados, porque iso mellorará a asistencia, facendo unha ligazón coas “Estratexias do Sergas”. A consecución deste obxectivo está pendente de ultimar a elaboración e consenso do Decreto de creación da categoría profesional e que non supoña incremento orzamentario. Tamén se mostrou totalmente a favor de primar aos especialistas nas bolsas de contratación de primaria como sucede en outras autonomías.
Con respecto á libre elección de enfermeiro e enfermeira e a cota propia, manifestou que espera publicar en breve (especificou que espera que sexa en abril) o Decreto de desenvolvemento da Lei 12/2013 de Garantías de prestacións sanitarias, o que significa facer cambios en Tarxeta Sanitaria e poder operar os cambios informáticos necesarios. Ademais este feito abre as portas a que no futuro se poida negociar un novo modelo retributivo ligado ao número de TIS.
Por último, aproveitou a Conselleira para falarnos dos cambios que se van a producir en IANUS, adaptándose este as necesidades dos enfermeiros e enfermeiras de rexistro e planificación de coidados e que moi pronto verán a luz.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios