Cargando

Reunión da AGEFEC coa EOXI de Ourense.

Reunión da AGEFEC coa EOXI de Ourense.

 

  • Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI de Ourense

logo_agefec_100pxPola parte da EOXI acudiron a Directora e Subdirectora de Enfermaría, dona María Victoria Carral e dona Montserrat Souto. En representación da AGEFEC, Álvaro Carrera (R2 de EFeC), María González (Especialista en EFeC) e Ana Sáez (R2 de EFeC).

A reunión transcorreu con plena cordialidade onde se abordaron asuntos como o proceso de acreditación da Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Ourense, a que se agarda que na próxima convocatoria poida ofertar prazas, a aportación dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para na mellora da calidade asistencial dende a Atención primaria ante os retos de atención sanitaria xa presentes como é a abordaxe da cronicidade. A necesidade de Enfermeiros de Familia e Comunitaria resultou incuestionable. Nesta reunión tamén se abordou a situación actual destes en canto a súa inserción laboral e perspectiva de futuro.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios