Reunión da AGEFEC coa Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo
O Xoves 19 de marzo, tres membros do grupo de traballo de promoción da especialidade da AGEFEC, formado por:
Belén Gomez Castro (residente de EFeC de 2º ano). Francisco Jesús Represas Carrera (Especialista en EFeC) e Mª Lorena Comesaña Diego (Especialista en EFeC), reunímonos con Pilar Reza Castiñeiras (Directora de Procesos de Enfermaría) e Mario González González (Xerente).
A reunión levouse a cabo nun ambiente cordial, no que puidemos falar de forma distendida de cada un dos puntos da orde do día:
1. Situación actual a nivel formativo da especialidadede Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Explicamos brevemente, como se foron establecendo as prazas acreditas/ofertadas para a formación de residentes a nivel autonómico (Galicia) e nacional dende a primeira promoción, as competencias que adquiren os residentes e os diferentes ámbitos polos que rota durante a formación EIR.
Destacamos que a Xerencia de Vigo conta co maior número de prazas acreditadas (20) de todo Galicia, das cales 4 son as primeiras prazas ofertadas para a formación dos novos residentes que comezarán no mes de Maio. Transmitímoslles o noso desexo de que continúen loitando para que cada ano aumente o número de prazas ofertadas para a formación de especialistas en Enfermería Familiar e Comunitaria. A Directora de Enfermaría sinalou que os profesionais de enfermaría que titorizarán aos novos residentes teñen unha gran cualificación e están moi motivados para levar a cabo esta función.
2. Aportación dos especialistas de Enfermaría Familiar e Comunitaria na mellora da calidade asistencial dende ou noso ámbito competencial
Falamos dás estratexias Sergas 2014 e do Plan de Prioridades Sanitarias 2014-2016 e como o marco competencial da especialidade de EFeC nos capacita para ser os profesionais de referencia a hora de dar resposta a moitos dos obxectivos que formula o SERGAS.
A importancia de que se leve a cabo un cambio no primeiro nivel de atención (Atención Primaria) para adaptarse ás necesidades da poboación, onde os profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria temos un papel relevante en: atención á cronicidade, continuidade de coidados, atención domiciliaria…etc, foi compartida e apoiada tanto polo Xerente como pola Directora de Proceso de Enfermaría.
3. Situación actual dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, inserción laboral e perspectiva de futuro.
Facemos un resumo de todo o traballo que a AGEFEC realizou para o recoñecemento da especialidade en Galicia e entregámoslles diferentes escritos que apoian a nosa inserción laboral por parte de: Organización Sindicais, Colexios de Enfermaría de Galicia, Consello Galego de Enfermaría, Sociedades Científicas médicas Galegas de Atención Primaria e Sociedades Científicas que representan a outras Especialidades Enfermeiras.
O Xerente e a Directora de Procesos de Enfermaría, coinciden na necesidade dá nos incorporación a actividade asistencial en Atención Primaria como forma de rentabilizar o custo invertido na nosa formación e como unha maneira de potenciar ou papel da Enfermaría en Atención Primaria, apostan por unha incorporación progresiva coa intención de que nun futuro a totalidade dos postos de Enfermaría de AP sexan ocupados por especialistas.
O xerente nos comenta que tratará o tema da inserción laboral dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria de forma conxunta co resto de EOXI de Galicia e coa Directora de Recursos Humanos do SERGAS xa que se reúnen con regularidade. Finalmente, solicitámoslles que fagan todo o que estea nas súas mans para que cren a categoría de Enfermaría Familiar e Comunitaria e que oferten o maior número de prazas posibles para especialistas.
Non están permitidos os comentarios.