Cargando

AGEFEC consegue abrir o debate da inserción dos especialistas en EFeC no Parlamento Galego

AGEFEC consegue abrir o debate da inserción dos especialistas en EFeC no Parlamento Galego

logo_agefec_100pxA Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria logrou que fosen rexistradas seis iniciativas parlamentarias reclamando a inserción laboral dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria

Despois dunha reunión solicitada pola portavoz parlamentaria de Sanidade do Partido Socialista Galego, Carmen Acuña do Campo á AGEFEC,  en relación as múltiples reivindicacións feitas pola nosa Sociedade Científica sobre a inserción laboral dos profesionais especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, este Grupo Parlamentario faise eco da situación actual na que están os especialistas e decide elevar a nosas reivindicacións ao Parlamento de Galicia para lograr que estes profesionais poidan desenvolver a súa actividade profesional no ámbito da Atención Primaria.

Podes consultas as seis iniciativa parlamentarias rexistradas nos seguintes enlaces;

 

  • Pregunta para resposta oral na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia.
  • Pregunta para resposta oral no Pleno.
  • Pregunta para súa resposta por escrito.
  • Recurso de interpelación.
  • Proposición non de lei para o seu debate no Pleno.
  • Proposición non de lei para o seu debate na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia.

Desde AGEFEC continuamos a despregar un intenso traballo para conseguir durante o presente ano que no ámbito da Atención Primaria poidan traballar os especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios