Cargando

Reunión da AGEFEC coa EOXI de Ferrol

Reunión da AGEFEC coa EOXI de Ferrol

O xoves 9 de Abril, o grupo de traballo “Promoción da especiliade” representado por Elena Quintela (Residente de 2º ano EFeC) e Ignacio Couselo (especialista EFeC), reuniuse con Luis Arantón Areosa (Director procesos Enfermaría) e Ángel Facio Villanueva (Xerente) na EOXI de Ferrol. Esta reunión enmarcase dentro dos diferentes encontros que o Grupo de Promoción da especialidade ven mantendo cas distintas Xerencias de Galicia para tratar tres temas fundamentais:

1· A Situación actual a nivel formativo da especialidade EFeC:

Neste sentido damos os parabéns á Xerencia pola recente acreditación definitiva por parte do Ministerio á Unidade Docente de Ferrol, a primeira de Galicia en recibila. Dende a Xerencia nos transmiten a súa aposta pola formación especiliazada dentro da Área Sanitaria de Ferrol e o seu apoio á Unidade Docente, que este ano oferta o total de prazas acreditadas (4) por primeira vez, incrementando así o número de residentes de EFeC respecto a anos anteriores.

EOXI_Ferrol

 2·  Aportación dos especialistas de EFeC na mellora da calidade asistencial dende o seu ámbito competencia:

Dende a Xerencia son coñecedores das competencias adquiridas polos especialistas ao longo dos dous anos de residencia, así como do seu encadre dentro da planificación sanitaria do SERGAS recollida nos documentos “Estratexias SERGAS 2014” e “Plan de Prioridades Sanitarias SERGAS 2014-1016”. Tódolos asistentes móstranse de acordo na inclusión de especialistas no ámbito da Atención Primaria, de xeito que se poda contar cos profesionais mellor preparados naquel ámbito para o que se formaron.

3· Situación actual dos especialistas en EFeC, inserción laboral e perspectiva de futuro:

Respecto da inserción laboral ponse en coñecemento da Xerencia os distintos escritos de apoio, tanto doutras sociedades científicas como das organización sindicais. Por parte da Xerencia móstranse totalmente partidarios da inserción laboral dos especialistas, como así o manifestaron a Recursos Humanos do SERGAS. Esperan que se cambie pronto o marco normativo para poder contar con enfermeiras especialistas traballando no ámbito da Atención Primaria.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios