Cargando

A unidade docente de Ourense consegue a acreditación para poder formar a especialistas en EFeC

A unidade docente de Ourense consegue a acreditación para poder formar a especialistas en EFeC

logo_agefec_100pxO 29 de xuño do 2010 publicouse no BOE a Orde 1729/2010 do Ministerio de Sanidade e Política Social que recolle o programa formativo da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Dende aquela data, sabemos de todo o esforzo que se realizou dende a EOXI de Ourense para acadar a recente acreditación Multiprofesional da Unidade Docente e así poder ofertar formación da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria na próxima convocatoria. Dende AGEFEC queremos felicitar a todos os profesionais que colaboraron de algunha maneira na consecución de este logro. Con esta xa son 5 as Unidades Docentes acreditadas en Galicia para a formación de Enfermeiros/as especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria (Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense). Quedando pendentes que conseguir esta acreditación as Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria de Santiago e Lugo.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios