Cargando

Investigar, unha obriga para o desenvolvemento dunha profesión. Algunhas aportacións dos EIR de enfermaría familiar e comunitaria de Galicia durante o seu proceso de formación

Investigar, unha obriga para o desenvolvemento dunha profesión. Algunhas aportacións dos EIR de enfermaría familiar e comunitaria de Galicia durante o seu proceso de formación

A investigación é imprescindible en tódolos niveis asistenciais e para tódolos profesionais sanitarios, a través dela prodúcense innovacións que permiten proporcionar unha atención eficiente e de maior calidade.

logo_agefec_100pxA misión da Enfermaría Familiar e Comunitaria é a participación profesional no coidado compartido da saúde das persoas, as familias e as comunidades, no contínuum do seu ciclo vital e nos diferentes aspectos da promoción da saúde, prevención da enfermidade, recuperación e rehabilitación, no seu entorno e contexto socio-cultural. No seu compromiso coa mellora continua da calidade destes coidados a enfermeira familiar e comunitaria toma as súas decisión baseándose nas evidencias científicas actuais e participa, a través da investigación, na xeración e divulgación de coñecementos propios do seu ámbito de actuación a fin de ofrecer un mellor servizo á sociedade.

Así pois, dentro do programa formativo dos EIR inclúese a investigación como unha das competencias específicas a acadar, tendo como principais obxectivos:
– Basear a práctica clínica na mellor evidencia dispoñible.
– Xerar e difundir coñecemento científico.
Esta participación na xeración e divulgación de coñecemento plásmase nos traballos de investigación realizados polos EIR ó longo da residencia e coa súa participación en distintos eventos científicos.

Podes consultar algúns dos traballos realizados por estes profesionais, neste seguinte enlace.

Andrea Otero Budiño e Susana Mirás Carballal
Vocalía “EIR e Vía Extraordinaria”

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios