Reunión coa EOXI da Coruña sobre a inserción dos Enfermeiros de Familia e Comunitarios
Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI da Coruña o pasado 6 de Maio.
Pola parte da EOXI acudiron o Director de Procesos de Enfermaría Alfredo Moreno e o Director de Recursos Humanos Manuel Gómez. En representación da AGEFEC o Vicepresidente 1º Álvaro Carrera, Sabela Muíño e Mª Belén Vara.
A reunión transcorreu nun ambiente moi cordial onde os integrantes do grupo de Promoción da Especialidade deron a coñecer o potencial e a formación destes especialistas. Tamén foi aborda a necesidade de Enfermeiros de Familia e Comunitaria así como o papel que deberan desenvolver estes na primeira fase de inserción laboral.
Deste xeito finaliza a primeira ronda de contactos coas Xerencias de área de Galicia por parte do grupo de traballo de Promoción da Especialidade.
Non están permitidos os comentarios.