Cargando

AGEFEC realiza unha nova campaña informativa sobre a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades.

AGEFEC realiza unha nova campaña informativa sobre a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades.

Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia dando a coñecer alí a especialidade e o programa formativo da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Nas sesión tratáronsesesión meixoeiro 2015 diversos aspectos relacionados coa formación especializada, como foron o desenvolvemento normativo, o acceso á formación especializada ou a inserción laboral dos especialistas. Xa no ámbito máis concreto da nosa especialidade tratouse o desenvolvemento do programa formativo nas Unidades Docentes de Galiza así como as perspectivas laborais tanto dentro da nosa comunidade como no resto do estado.

Tanto a impresión como a valoración do alumnado foi moi positiva segundo a enquisa de satisfacción recollida ao remate da sesión. Consideraron tamén que a información achegada lles é útil para o seu sesión Ourense 2015desenvolvemento profesional, xa que a grande maioría dos alumnos ten en mente realizar unha especialidade. Pola nosa parte a experiencia foi do máis satisfactoria, permitíndonos coñecer a opinión e expectativas dos nosos futuros compañeiros.

 

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios