O SERGAS ACREDITA POR PRIMEIRA VEZ COMO TITOR DA FORMACIÓN SANITARIA ESPECIALIZADA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA A UN ENFERMERIO ESPECIALISTA VÍA EIR
Ignacio Couselo Fernández, Enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria foi acreditado pola Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da EOXI de Ferrol como titor para permitir desde xeito que participe na formación especializada dos futuros Enfermeiros de Atención Primaria.
Ignacio Couselo, que forma parte da primeira promoción formada en Galicia, rematou a súa formación como residente en Maio do 2014 na Unidade Docente de Ferrol, lugar onde desenvolve na actualidade a súa labor profesional.
Por primeira vez no Servizo Galego de Saúde un especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria recibe a acreditación como titor. Este fito supón un claro avance da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, xa que aportará unha visión dende a experiencia EIR para continuar mellorando a formación destes enfermeiros. Deste xeito seguiremos dispoñendo en Galicia de excelentes profesionais para proporcionar unha atención de gran calidade dende o nacemento ao final da vida, así como a atención integral as familias e a comunidade.
Non están permitidos os comentarios.