Cargando

AGEFEC OPONSE A QUE AS OFICINAS DE FARMACIA ADMINISTREN VACINAS CONTRA A GRIPE

AGEFEC OPONSE A QUE AS OFICINAS DE FARMACIA ADMINISTREN VACINAS CONTRA A GRIPE

Santiago de Compostela, 5 de Xuño do 2015

A Asociaclogo_agefec_100pxión Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, ven de remitir este venres dúas cartas dirixidas a Conselleira de Sanidade e a Directora Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, mostrando a súa preocupación pola proposta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra.

Nas cartas remitidas, lémbrase que segundo a lexislación e a normativa vixentes, os únicos profesionais habilitados para a administración de vacinas son os Enfermeiros e os Médicos. Así mesmo, mostra a preocupación desta Sociedade Científica polos riscos que supón para a seguridade do paciente, en canto ao risco de anafilaxe, interaccións ou malas indicacións, xa que hoxe en día, as oficinas de farmacia non poden garantir a seguridade do procedemento en comparación con calquera centro sanitario.

Por outra banda, AGEFEC lembra, que esta proposta vai directamente en contra do modelo de atención integral e proactivo que se pretende acadar dende o Servizo Galego de Saúde, tal e como ven sido recollido nas Estratexias SERGAS 2014 e o Plan de prioridades Sanitarias de 2016, xa que a administración da vacina contra a gripe non se limita ao procedemento en si, senón que forma parte dun conxunto de actividades realizadas para o correcto seguimento do paciente crónico e pluripatolóxico, tanto por parte dos Enfermeiros de Familia e Comunitarios como dos Médicos de Familia. Por exemplo, cando unha Enfermeira de Familia e Comunitaria administra unha vacina antigripal a un paciente con EPOC, aproveita a ocasión para lembrarlle os sinais e síntomas de alarma de reagudización da súa patoloxía, para unha identificación e tratamento precoces, reducindo deste xeito as graves descompensacións que conlevan a saturación dos servizos de urxencias e ingresos hospitalarios totalmente evitables.

Destácase tamén dende esta Sociedade Científica que a día de hoxe, a accesibilidade aos dispositivos de atención sanitaria non son un impedimento para acadar melloras nas taxas de vacinación, se non que habería que estudar outras razóns polas que moitas persoas, que precisan esta vacina, non acoden ou rexeitan a vacinación, debendo toma-las medidas correctoras pertinentes, pero tendo sempre moi presente a seguridade do paciente, a normativa vixente e a importancia deste procedemento para a mellora da satisfacción e calidade dos usuarios e profesionais sanitarios.

Clica nos enlaces para ve-lo seu contido:

Carta Conselleira Vacinación contra a gripe nas Farmacias

Carta DX Saude Publica Vacinación contra a gripe nas Farmacias

Nota de Prensa Vacinación contra a gripe nas Farmacias

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios