Cargando

ENCONTRO DE AGEFEC COS PORTAVOCES DE SANIDADE DO PPdeG

ENCONTRO DE AGEFEC COS PORTAVOCES DE SANIDADE DO PPdeG

Santiago de Compostela, 9 de Xuño do 2015

Os representantes da AGEFEC mantiveron a reunión cos voceiros parlamentarios de sanidade do PPdeG no Parlamento de Galicia.

Unha representación da Xunta Directiva da Asoci8.6.15 Reunión voceiro sanidade PPdeGación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) encabezada polo seu actual Presidente, Francisco Jesús Represas Carrera, o Vicepresidente 1º, Álvaro Carrera García e a Tesoureira Silvia Pazos Platas, mantiveron un produtivo encontro con Miguel Ángel Santalices Vieira, Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia e voceiro de sanidade do PPdeG no mesmo, acompañado por Aurelio Núñez Centeno, Vicevoceiro de sanidade e deputado autonómico polo PPdeG este luns.

O encontro a demais de servir para a presentación da actual Xunta Directiva da Sociedade Científica que representa a toda a Enfermaría de Atención Primaria galega, abordouse dun xeito integral o estado actual da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. O Sr. Santalices salientou a aposta que se está a facer dende a Consellería de Sanidade por esta especialidade relacionándoa dun xeito directo coas Estratexias Sergas 2014, o programa Conecta 72 e o modelo a atención ao paciente crónico que se pretende implantar dende a Consellería de Sanidade.

Tamén destacou todos os acordos que asinamos con diferentes organismos co obxectivo de impulsala inserción laboral dos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria compartindo o modelo de mudanza progresiva de todas as prazas da Enfermería de Atención Primaria en prazas de especialistas. Articulando diferentes medidas transitorias que equilibren o acceso dos novos titulados e dos profesionais de Enfermería que están agardando polo vía extraordinaria de acceso o título de especialista e que teñan acreditada unha experiencia e formación contrastada no ámbito da Atención Primaria.

Por último o Sr. Santalices comprometeuse a pórse en contacto co departamento de RRHH da Consellería de Sanidade para ampliar a información sobre este período transitorio de dotación de progresiva de prazas para a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, compartindo o mensaxe transmitido pola Conselleira de Sanidade o pasado mes de Abril da creación da categoría profesional de enfermería especialista no presente ano así como o inicio da dotación de prazas desta nova categoría onde se atopa a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios