A nova Comisión da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria xa está constituída
28 Xuño, 2015
- Estará Presidida pola representante da FAECAP, Maravillas Torrecidlla Abril.
- Esta renovación supón un novo e forte impulso da Comisión Estatal para esta etapa crucial no desenvolvemento da especialidade.
A comisión foi constituída na reunión celebrada o pasado 25 de xuño no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, quedando a súa composición do seguinte xeito:
Presidenta: Dª Maravillas Torrecilla Abril (representante de Sociedades Científicas)
Vicepresidente: D. Francisco Javier Pastor Gallardo (representante de Sociedades Científicas)
Vogais:
- Dª. Lucía Pérez-Vico Díaz de Rada, Dª Lorena Villa García e Dª Nazaret Socorro Jiménez Vinuesa (representantes da Comisión de Recursos Humanos do Servizo Nacional de Salud)
- Dª Marta Fernández Batalla e Dª Elvira Gras Nieto (representantes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte)
- Manuel Gayol Fernández e Dª Carolina Martínez Albert (representantes de Residentes)
Dende a Xunta Directiva da AGEFEC, queremos transmitir os nosos máis sinceros parabéns e agardamos que entre todos poidamos acada-lo obxectivo do desenvolvemento pleno da nosa especialidade.
Non están permitidos os comentarios.