Cargando

Xornada sobre a libre elección enfermeira organizada por ANDE

Xornada sobre a libre elección enfermeira organizada por ANDE

Santiago de Compostela, 30 de xuño do 2015

  • Unha delegación da AGEFEC, encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas, participou na mesa de debate central da xornada.

IMG-20150629-WA0006A xornada que levaba como título “Libre elección de enfermeira: un reto” foi organizada pola Asociación Nacional de Directivos de Enfermería dende a súa vogalía galega que recaía ata hoxe nas mans do Director de Procesos de Enfermaría da EOXI da Coruña, Alfredo Moreno Alegre.

Na mesa de debate participaron Carmen Ferrer Arnedo, Enfermeira de profesión, actual Xerente do Hospital de Guadarrama e Coordinadora da Estratexia de Crónicos do SNS, Gerardo Barreiro Pombo Subdirector de Procesos de Enfermaría de AP na EOXI da Coruña e por Francisco J. Represas Carrera en representación da AGEFEC.

O debate caracterizouse polo consenso absoluto na importancia da libre elección enfermeira, comezando pola regulación deste dereito dos pacientes que se viña facendo en moitos casos de xeito extraoficial, así como as vantaxes organizativas de cara a implantación de programas post-alta como o CONECTA 72, a visibilidade dos coidados enfermeiros e o recoñecemento do traballo enfermeiro. Tamén se destacou a importancia da publicitación deste dereito nos nosos pacientes.

Neste debate tamén se fixo público o documento de posicionamento da AGEFEC sobre a libre elección enfermeira. Preme aquí para ve-lo documento

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios