Cargando

“Pasominuto” un gran instrumento para o fomento e a prescrición do exercicio físico

“Pasominuto” un gran instrumento para o fomento e a prescrición do exercicio físico

  • A promotora da idea foi Carmen Abeledo Márquez, Enfermeira de Atención Primaria no CS A Parda da área de Pontevedra
  • A iniciativa foi acollida polo Concello de Pontevedra no seu plan de mobilidade
  • Pasominuto pretende ser un chanzo máis para axudar aos noso usuarios a acada-las recomendacións mínimas de actividade física diaria.
Carmen Abeledo e Ana Sáez

Carmen Abeledo e Ana Sáez

O pasado martes 21 de Xullo, tivemos a oportunidade de coñecer Pasominuto da man da súa creadora, Carmen Abeledo Márquez, Enfermeira de Atención Primaria no Centro de Saúde de A Parda, na EOXI de Pontevedra. Acudiu en representación da AGEFEC, a Vogal de Saúde Pública e Comunitaria, Ana Sáez.

Enfermeira de atención primaria dende fai anos destaca na promoción de saúde e prevención das enfermidades dos seus pacientes. O seu traballo comunitario esténdese a colaboración con diversas asociacións (alzheimer, ADAHPO…) así como a organización de talleres diversos talleres como os de memoria, diabetes, obesidade, etc.

A idea do proxecto “Pasominuto” xurdiu nestes talleres, xa que na abordaxe do exercicio detectou que os pacientes precisaba un instrumento sinxelo e eficaz. Para elo, ocorréuselle deseñar rotas para que os pacientes realizasen exercicio físico de xeito que lles permitise incrementa-la adherencia ao mesmo.

O traballo de deseño comezou polo encantador casco histórico pontevedrés que finalmente se foi completando con outras rotas como a da beira do río. Coa axuda do seu fillo e dun móbil cunha aplicacipasominutoón para medir os pasos, fixeron as diversas rotas a pé para contabiliza-los pasos completando todas as rotas no período de 1 mes.

Finalmente trasladou a iniciativa ao Concello de Pontevedra, quen se encargou de difundir a iniciativa a través da súa páxina web e tamén con folletos de man, nos que se inclúen un plano, itinerarios e diversos consellos saudables. O material divulgativo pódese conseguir nas dependencias municipais ou a través da web http://www.pontevedra.eu/movete/pasominuto

Dende AGEFEC, a través da Vogalía de Saúde Pública e Comunitaria, agardamos poder estender esta iniciativa a outros lugares pra que se poidan beneficiar moitas máis persoas.

Se algún socio está interesado en coñecer máis detalles deste proxecto para levalo a cabo pode facelo coa Vogalía de Saúde Pública e Comunitaria no correo secretariatecnica@agefec.org

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios