Cargando

Arquivos por meses:

Setembro 2015

AGEFEC reivindica o desenvolvemento das ambulancias “sanitarizadas”

Nunha carta dirixida ao Director Xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria solicita o desenvolvemento das Ambulancias de SVA con Enfermeiro/a, “Sanitarizadas”. Dende a AGEFEC destácase que “estes dispositivos son un recurso eficiente á hora de xestionar un situación de emerxencia. Enviar recursos medicalizados […]

FAECAP asina un contrato con LIVEMED para a subscrición dos seus asociados á revista EFC

O acordo recolle que os socios subscritos por cada unha das sociedades federadas na FAECAP poderán acceder mediante clave personalizada, aos contidos de todos os números editados ata agora e os que se editen este segundo ano de singradura da revista. Así mesmo, poderán realizar o correspondentes test de avaliación e obter, en caso de […]

Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria

O pasado 15 de Setembro, a Xunta Directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria aprobou o documento de posicionamento “Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria” despois de seren recollidas e valoradas as múltiples aportacións dos nosos socios. O documento que recolle 10 puntos chave, fai mención da aposta da […]

As prazas de formación para especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria seguen medrando en Galicia

Coa publicación de hoxe no Boletín Oficial do Estado da convocatoria das probas selectivas 2015 para acceso no 2016, ás prazas de Formación Sanitaria Especializada, dáse a coñecer as prazas que ofertará cada unidade docente, quedando do seguinte xeito: Unidade Docente Prazas no ano 2015 Prazas no ano 2016 Variación A Coruña 5 6 +1 […]

Curso: “Coidado da persoa portadora de ostomía ou sonda PEG no ámbito da comunidade”

DATA : 23 e 24 de Novembro do 2015 de 16 a 20h – Vigo FINALIZADO PRAZO DE INSCRICIÓN Contidos: Que é unha ostomía. Tipos de ostomía e súas características. Coidados do estoma e da pel periestomal. Material de ostomías. Coidados básicos, postoperatorio tardío. Desenvolvemento de habilidades prácticas mediante barrigas simuladoras e manipulación de dispositivos. […]

AGEFEC estrea nova web

Santiago de Compostela, a 8 de Setembro do 2015 Despois dun duro traballo neste verán, comprácenos presentarvos dende a Xunta Directiva a nova páxina web da AGEFEC, que segue aloxada na mesma dirección: www.agefec.org Esta actualización da nosa web corporativa levada a cabo por Pululart, cumpre os obxectivos que nos marcamos ao comezo no seu […]

I Xornada Nacional de Atención Domiciliaria

O vindeiro venres 16 de outubro do 2015, terá lugar a I Xornada Nacional de Atención Domiciliaria organizada pola Federación de Asociacións de Enfermaría Comunitaria e Atención Primaria (FAECAP), no Salón de actos  Ernets Lluch do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad en Madrid. Esta xornada, cuxo comité organizador está presidido por Carmen Ferrer […]

AGEFEC leva a cabo unha Intervención Comunitaria en cativos de Culleredo

O pasado luns 24 de agosto, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria participou nunha sesión educativa sobre hábitos de vida saudables, dirixida a nenos de 3 a 12 anos, no campamento de verán de Culleredo organizado pola empresa Xestión Cultural Áurea SL. Esta intervención comunitaria que estivo a cargo da nosa socia Manuela […]

A Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria entra en vigor en Galicia

Santiago de Compostela, a 19 de Agosto do 2015 A partires deste xoves 20 de agosto, os usuarios do Servizo Galego de Saúde poden escoller o seu Enfermeiro/a na Atención Primaria Baixo o lema “O teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfermeiro/a” a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lidera unha campaña […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios