AGEFEC leva a cabo unha Intervención Comunitaria en cativos de Culleredo
O pasado luns 24 de agosto, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria participou nunha sesión educativa sobre hábitos de vida saudables, dirixida a nenos de 3 a 12 anos, no campamento de verán de Culleredo organizado pola empresa Xestión Cultural Áurea SL.
Esta intervención comunitaria que estivo a cargo da nosa socia Manuela Collazo, Residente de Enfermaría Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Ferrol, na que se abordou cos cativos a hixiene da mans, como manter unha alimentación saudable, como tamén a importancia da práctica regular de exercicio físico e o deporte.
A intervención levouse a cabo con dous grupos, un de 36 participantes con nenos de 6 a 12 anos e outro de 32 con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
A intervención co grupo dos maiores consistiu en levar a cabo un “master chef adaptado”, onde os concursantes tiveron que conseguir as pezas para crea-lo seu menú. Ao rematar fíxose unha pequena sesión na que se resolveron dúbidas sobre alimentación.
A abordaxe co grupo dos pequenos fíxose por medio de dúas actividades, a primeira nun breve conto no que se salientaba a importancia do exercicio e a hixiene de mans entre outros e a segunda e última cun animado baile de verduras.