I Xornada Nacional de Atención Domiciliaria
O vindeiro venres 16 de outubro do 2015, terá lugar a I Xornada Nacional de Atención Domiciliaria organizada pola Federación de Asociacións de Enfermaría Comunitaria e Atención Primaria (FAECAP), no Salón de actos Ernets Lluch do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad en Madrid.
Esta xornada, cuxo comité organizador está presidido por Carmen Ferrer Arnedo,leva como lema “A Atención Domiciliaria na Atención Primaria a Debate: A Visión das Persoas, os Coidadores e os Xestores”.
Aqueles que desexen asistir, deberán formalizar a súa inscrición gratuíta antes do 12 de Outubro.
Para máis información e para formaliza-la inscrición podes premer no seguinte enlace http://faecap.com/eventos/show/i-jornada-nacional-de-atencion-domiciliaria.
Para ve-lo programa preme aquí
Dende AGEFEC, facilitaremos a tódolos nosos socios as conclusións desta xornada.