AGEFEC estrea nova web
Santiago de Compostela, a 8 de Setembro do 2015
Despois dun duro traballo neste verán, comprácenos presentarvos dende a Xunta Directiva a nova páxina web da AGEFEC, que segue aloxada na mesma dirección: www.agefec.org
Esta actualización da nosa web corporativa levada a cabo por Pululart, cumpre os obxectivos que nos marcamos ao comezo no seu deseño, unha páxina cun deseño claro, limpo, moi navegable, adaptable a todo tipo de soporte (pc, tablet, móbil…), así como con novos contidos actualizados.
O mundo virtual é o presente, tanto a nivel profesional como persoal. Para os nosos pacientes tamén. É por elo que temos que medrar neste espazo con proxectos específicos para estar alí onde están os nosos pacientes, como boas Enfermeiras/os de Familia e Comunitarias/os.
Por último, aproveitamos para convidarvos a seguirnos nas redes sociais, a través da páxina de Facebook (www.facebook.com/agefec) e o perfil de Twitter (http://twitter.com/agefec), o que nos permitirá ter unha maior interacción e axudarvos a estar mellor informados das nosas últimas publicacións e novidades, así como de outras fontes de interese.
Agardamos que vos guste.