Cargando

As prazas de formación para especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria seguen medrando en Galicia

As prazas de formación para especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria seguen medrando en Galicia

Coa publicación de hoxe no Boletín Oficial do Estado da convocatoria das probas selectivas 2015 para acceso no 2016, ás prazas de Formación Sanitaria Especializada, dáse a coñecer as prazas que ofertará cada unidade docente, quedando do seguinte xeito:

Unidade Docente Prazas no ano 2015 Prazas no ano 2016 Variación
A Coruña 5 6 +1
Ferrol 4 4 0
Ourense 0 2 +2
Pontevedra 6 4 -2
Vigo 4 6 +2
Total 19 22 +3

 

Así, un ano máis a oferta de prazas de formación para a especialización de Enfermeiro/a de Familia e Comunitaria sitúase como primeira en Galicia diante da de Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) con 17 prazas, Pediatría con 9 e Saúde Mental con 6.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria queremos transmitir os nosos parabéns a tódolos titores, titores colaboradores, presidentes das subcomisións e demais membros das Unidades Docentes Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria, que fan posible que un ano máis se oferten prazas para formar novos especialistas, así como aqueles que se suman cada ano a este apaixonante proxecto.

Tamén queremos felicitar ao Servizo Galego de Saúde por continuar con esta aposta. Porén, todo isto non vale de nada, xa que se está investindo moito diñeiro público para formar moi bos profesionais, pero non se está garantindo a súa inserción no Sistema Galego de Saúde, polo que non se pode amortizar este investimento. Confiamos en que moi pronto isto se poida resolver.

agefec

agefec

DEIXA UN COMENTARIO

Agefec é necesaria.
Somos necesarios