FAECAP asina un contrato con LIVEMED para a subscrición dos seus asociados á revista EFC
O acordo recolle que os socios subscritos por cada unha das sociedades federadas na FAECAP poderán acceder mediante clave personalizada, aos contidos de todos os números editados ata agora e os que se editen este segundo ano de singradura da revista. Así mesmo, poderán realizar o correspondentes test de avaliación e obter, en caso de superalos, os créditos de Formación Continuada correspondentes a cada número (1,6 créditos CFC por número).
Este programa de formación continuada recolle en cada un dos seus números tres temas seleccionados sobre as diferentes competencias recollidas no Programa Formativo da Especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria. Ademais incorpora un artigo orixinal relacionado coa especialidade. Os subscritores deben responder a un cuestionario e a resolución de dous casos prácticos para poder acceder ao certificado de formación acreditada. Estes test realízanse on-line a través da plataforma da editorial LIVEMED.
Para FAECAP é unha satisfacción alcanzar este acordo que pon a disposición dos socios de cada unha das sociedades federadas un programa de formación continuada acreditada e aliñado coa preparación da proba de competencia para o acceso á especialidade por vía extraordinaria.