AGEFEC reivindica o desenvolvemento das ambulancias “sanitarizadas”
Nunha carta dirixida ao Director Xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria solicita o desenvolvemento das Ambulancias de SVA con Enfermeiro/a, “Sanitarizadas”.
Dende a AGEFEC destácase que “estes dispositivos son un recurso eficiente á hora de xestionar un situación de emerxencia. Enviar recursos medicalizados a todos os servizos que o requiran é eficaz pero non eficiente, e isto sumando á dispersión xeográfica da poboación galega fai que a implantación destas unidades sexa necesaria para lograr unha xestión máis eficiente da demanda de atención urxente extrahospitalaria. Este recurso asistencial non é un recurso sustitutivo nin das ambulancias de SVA nin das de SVB, senón que representa un chanzo asistencial intermedio.”
Lembra tamén que este tipo de recursos xa existe noutros servizos de saúde (Canarias, Murcia, País Vasco, Catalunya, Castela a Mancha e Andalucía) con moi bos resultados.
Así mesmo tamén destaca que o perfil ideal pra estes recurso asistencial sería a dos Enfermeiros/as de Familia e Comunitaria, tanto polas súas competencias recoñecidas neste eido como pola formación recibida durante o período formativo.