Cargando

Campaña Gripe 2015

Campaña Gripe 2015

O vindeiro día 19 de Outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica 2015.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos con risco de complicacións derivadas da gripe) así como aqueles que poden ser transmisores do virus aos grupos de risco (sanitarios, forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, persoal de protección civil…), xa que mediante a vacinación, a gripe, e principalmente as súas complicacións, o risco de hospitalización e morte se reduce mediante a vacina, que debe administrarse as persoas de 60 ou máis anos ou pertencentes a outros grupos de risco.

Tamén lembrámosvos que tedes a vosa disposición en www.gripe.sergas.gal toda a información necesaria sobre a gripe, a vacina, a instrución de vacinación e toda aquela que vos poida ser de utilidade para proporcionar aos pacientes.

Instrución campaña de gripe 2015

agefec

agefec

DEIXA UN COMENTARIO

Agefec é necesaria.
Somos necesarios