Cargando

AGEFEC rexeita o Real Decreto da “Prescrición Enfermeira” polos termos nos que se desenvolve

AGEFEC rexeita o Real Decreto da “Prescrición Enfermeira” polos termos nos que se desenvolve

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) rexeitamos totalmente o “Real Decreto 954/2015, de 23 de octubre, por el que se regula la indicación, uso y dispensación de medicamentos y productos sanitarios de uso humano por parte de los enfermeros” na súa totalidade así como tamén o texto pactado pola MESA DA PROFESIÓN ENFERMEIRA, polos seguintes motivos:

  • En primeiro lugar, dadas as competencias que temos os enfermeiros a día de hoxe, resulta incomprensible que o “Real Decreto Legislativo 1/2015, de 24 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de garantías y uso racional de los medicamentos y productos sanitarios” e as normas anteriores a este texto limiten no seu artigo 79 na emisión de receita a Médicos, Odontólogos e Podólogos, cando os enfermeiros actualmente dispoñemos da mesma formación e competencia. Así mesmo que esta norma non recoñece o Diagnóstico Enfermeiro, polo que os Enfermeiros non podemos completar o ciclo dos coidados que prestamos ao carecer da facultade da emisión de receitas.
  • Rexeitamos o RD aprobado polo goberno e o RD pactado pola Mesa da Profesión Enfermeira xa que nos parece un agravio e unha auténtica estafa que se nos esixa realizar cursos de formación a maiores para poder exercer unha facultade de emisión de receitas de segunda. Tamén resulta incomprensible como se pode esixir algo así, cando os informes da Axencia española do Medicamento e Productos Sanitarios (AEMPS) emitiu un informe no que as enfermeiras dispoñiamos das competencias necesarias para exercer a prescrición. Así mesmo queremos lembrar que existe outro informe do Ministerio de Hacienda (este e o anterior recollidos na memoria do informe do Consello de Estado en relación á aprobación do RD de prescrición enfermeira) no que pon en cuestión que haxa que gastar unha elevada partida de diñeiro público para acreditar a uns profesionais (os enfermeiros) que xa contan coas competencias necesarias recollidas no informe da AEMPS.
  • Consideramos que o desenvolvemento da prescrición enfermeira debe ser levada a cabo en cada comunidade autónoma, respondendo aos criterios organizativos de cada servizo de saúde e tamén a súa realidade asistencial. Isto non exime que haxa unha norma de mínimos de carácter estatal que estableza criterios comúns e sirva tamén para regular a actividade no sector privado.

Polo tanto, dende a AGEFEC consideramos que non é posible establecer ningún RD de Prescrición Enfermeira axeitado, mentres non se modifique o artigo 79 do “Real Decreto Legislativo 1/2015, de 24 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de garantías y uso racional de los medicamentos y productos sanitarios” no que se faculte para a emisión de receita a igual nivel á Médicos, Odontólogos, Podólogos e Enfermeiros.

 

FAECAP Nota Real decreto de Prescripción

Carta Conselleiro Prescrición Enfermeira

RD 954/2015 _Prescricion Enfermeira (BOE)

FAECAP exige la suspensión cautelar del Real Decreto de prescripción

DESTACADO:

Noticias e artigos de interese relacionados:

agefec

agefec

1 Comment

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios