A Atención Domiciliaria na Atención Primaria a debate: a visión das Persoas, os Coidadores e os Xestores
26 Outubro, 2015
O pasado 16 de outubro tivo lugar a I Jornada Nacional de Atención Domiciliaria que tivo por lema “A Atención Domiciliaria na Atención Primaria a debate: a visión das Persoas, os Coidadores e os Xestores”
Así mesmo fixose lectura do manifesto da FAECAP pola calidade dos coidados no Domicilio, que contén o Decálogo pola Calidade dos Coidados no Domicilio:
- As organizacións sanitarias deben garantir unha atención domiciliaria que oferte coidados eficaces e efectivos, que inclúan a prevención, a curación, a convalecencia e a rehabilitación.
- Na Atención Domiciliaria son principal obxecto de coidado a persoa enferma, o coidador principal e a familia.
- A Atención Domiciliaria debe garantir unha atención interprofesional que dea resposta a estas necesidades, especialmente na poboación máis fráxil e dependente.
- Os principales eixes da Atención Domiciliaria son a calidade, a seguridade, a personalización e a continuidade dos coidados.
- Tódalas actividades que se realizan no domicilio deben establecerse no marco de guías clínicas e protocolos basados na evidencia. Deben definirse indicadores de calidade e custo-efectividade que permita unha avaliación e mellora continua dos coidados a domicilio.
- É preciso dimensionar-la Atención Domiciliaria con criterios científico-técnicos para asegurar unha dotación de recursos axeitados e suficientes, que permitan compensar os déficits sociofamiliares e diminuí-las hospitalizacións potencialmente evitables.
- A enfermeira é o axente de saúde de referencia no domicilio, quen debe asegurar a participación activa do paciente na toma de decisións sobre o seu coidado e apoiar aos coidadores familiares respetando e reforzando o seu rol de coidadores.
- A Atención Domiciliaria require duns sistemas de información integrados que faciliten o tránsito do paciente polo sistema sociosanitario e que faciliten o rexistro e a explotación dos indicadores descritos nas guías.
- Para unha Atención Domiciliaria de calidade e eficiente é imprescindible a mellora continua e a Innovación na prestación de coidados, incorporando evidencias científicas no coidado, o uso das novas tecnoloxías para a xestión da información, a metodoloxía na xestión de casos, os telecoidados, e cantas outras innovacións aporte a investigación científicas.
- Uns coidados domiciliarios de calidade deben asegurar a accesibilidade, dispoñibilidade e comunicación efectiva entre familias e profesionais da saúde, utilizando tódolos medios de comunicación dispoñibles (teléfono, mensaxes de texto, correo electrónico, redes sociais, etc.).
Preme aquí para acceder a crónica da xornada
Manifiesto de FAECAP por la calidad de los cuidados en el domicilio OCT 2015
Non están permitidos os comentarios.