Cargando

Arquivos por meses:

Novembro 2015

AGEFEC reúnese co Conselleiro de Sanidade

Ao encontro asistiron o Conselleiro, a Directora Xeral de Recursos Humanos, o Presidente e os Vicepresidentes da AGEFEC. A reunión xirou en torno a proposta de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria que elaborou AGEFEC. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria foi a primeira Sociedade Científica en ser recibida polo novo Conselleiro […]

AGEFEC concederá axudas económicas para asistencia a cursos e eventos de carácter científico durante o 2016

As axudas estarán destinadas aos socios/as e teñen como obxectivo promover a formación e a investigación. Destinase a esta fin unha partida de 600 euros separada en subpartidas de 300 euros por semestre.  

A web da AGEFEC recibe o recoñecemento de web de interese sanitario

O pasado 17 de novembro recibiamos a confirmación de portalesmedicos.com polo cal a nosa web superaba a avaliación do comité avaliador para a concesión desta acreditación. Dende o seu comezo, Internet supuxo un fito na historia da humanidade xa que rompeu barreiras e revolucionou as comunicacións, a difusión e o acceso a información. Grazas a […]

Interesante e Enriquecedor o I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

A xornada organizada por AGEFEC foi valorada como interesante e enriquecedora polos asistentes, da que se agardan novas edicións de carácter anual AGEFEC agradece a participación e implicación dos asistentes, así como da EOXI de Ferrol e da Subdirección Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do SERGAS A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria […]

I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria (actualizado)

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, dende a súa fundación tivo clara que a aposta pola especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria era vital. Xa coa terceira promoción de especialistas a piques de saír das nosas unidades docentes e coa ampliación de prazas formativas en Galicia, consideramos que adquirida xa unha importante experiencia […]

Estilos de vida saudables, a nova web temática do Ministerio de Sanidade

O Ministerio de Sanidade abriu este mércores 4 de novembro a súa nova web www.estilosdevidasaludable.msssi.gob.es. Trátase dun recurso en liña destinado a profesionais e cidadáns. Esta web desenvolveuse ao abeiro da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS, para fornecer información útil e de calidade, tendo en conta os factores priorizados na estratexia: […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios