I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria (actualizado)
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, dende a súa fundación tivo clara que a aposta pola especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria era vital. Xa coa terceira promoción de especialistas a piques de saír das nosas unidades docentes e coa ampliación de prazas formativas en Galicia, consideramos que adquirida xa unha importante experiencia é o momento de levar a cabo o I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia. A data, lugar e o programa tédelos a continuación. Para máis información ou detalles podedes enviar un correo a secretariatecnica@agefec.org
Vémonos en Ferrol!
DATA: 20 de Novembro do 2015
| COMITÉ ORGANIZADOR | |
| Presidente | Ignacio Couselo Fernández |
| Secretaria | Maria Luisa Fraga Sampedro |
| Vogais | Alejandra García Ribera
Francisco Jesús Represas Carrera |
| COTA DE INSCRICIÓN – FINALIZADO |
|
| – Socios AGEFEC | 0 € * |
| – Non Socios | 20 € * Preme aquí e asóciate á AGEFEC por 40 € ao ano. |
Ingreso do importe correspondente no número de conta de ABANCA: IBAN ES78 2080 0343 0230 4000 7882
A hora de realiza-lo ingreso, no apardado CONCEPTO indicar: apelidos, nome e ENCONTRO TITORES FERROL






