AGEFEC reúnese coa Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
O pasado xoves 3 de decembro, reuníronse en Santiago a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, e o Presidente da asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria nunha reunión solicitada por este último a tódolos grupos parlamentarios para tratar o atraso inxustificado na publicación do Decreto que creará a categoría de Enfermeiro Especialista.
A deputada socialista e o Presidente da Sociedade Científica lembraron o compromiso tanto da responsable de Recursos Humanos como a anterior Conselleira de ter a nova norma no último semestre de 2015, pero agora o atrasan ao primeiro trimestre de 2016 xerando un descontento entre os profesionais que levan máis de tres anos traballado para que este decreto vexa a luz.
Acuña sinalou o papel “fundamental” dos enfermeiros e enfermeiras para a sostenibilidade do sistema público de saúde, e o imprescindible papel da enfermería na atención primaria para a prevención e o coidado dos doentes crónicos, e reclamou a incorporación das especialidades para mellorar o sistema sanitario publico cara o futuro.
A incorporación da enfermería especializada, dixo, é “un recoñecemento á profesión, e non debera seguir atrasándose”.
Non están permitidos os comentarios.