Carta conxunta ao Presidente da Xunta da AGEFEC, AGaEP, Consello Galego de Enfermaría e Academia de Enfermaría de Galicia
- As Asociacións Galegas de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) e Enfermaría Pediátrica (AGaEP) xunto ao Consello Galego de Enfermaría e a Academia de Enfermería de Galicia remitiron varias cartas ao Presidente Alberto Núñez Feijoo, ao Conselleiro de Sanidade, Xerente do SERGAS e a Directora Xeral de Recursos Humanos.
As Sociedades Científicas que representan aos Enfermeiros/as de Atención Primaria (Enfermaría Familiar e Comunitaria) e aos Enfermeiros/as de Pediatría xunto ao Consello Galego de Enfermaría que representa aos Colexios Oficiais de Enfermaría Provinciais xunto a Academia de Enfermaría de Galicia, remitiron varias cartas este mércores 22 de Decembro, ao Presidente da Xunta, ao Conselleiro de Sanidade, ao Xerente e a Directora Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
Nestas cartas, as catro institucións máis representativas dos Enfermeiros e Enfermeiras galegos, reclaman ao a Xunta de Galicia e ao SERGAS a implantación no sistema dos Enfermeiros/as Especialistas nestes dous eidos.
Nos escritos lémbranlles a importancia de contar con este profesionais que forma o propio SERGAS investindo uns 60.000€ por especialista, xa que son necesarios “porque os novos retos aos que se enfronta o sistema sanitario requiren de novas solucións e abordaxes”.
Nas cartas remitidas denuncian que a día de hoxe Galicia conta con máis de 150 Enfermeiros/as Especialistas nestes campos, “pero por mor da lexislación vixente – o SERGAS – non os pode fidelizar nin ubicar nos ámbitos asistenciais para os que foron formados” .
Así mesmo seguen facendo fincapé en que o SERGAS ten elaborado un Proxecto de Decreto no que regulan estas especialidades, pero tal e como veñen denunciando dende fai tempo, a día de hoxe atópase totalmente estancado, “a pesares de contar co apoio das Organizacións Sindicais, dos informes favorables da Consellería de Facenda e de Función Pública”.
Estas catro institucións fan mención ao compromiso adquirido pola anterior Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera no que se comprometía publicamente a aprobar este Decreto no presente 2015, como tamén a Directora Xeral de RRHH en sede parlamentaria.







Non están permitidos os comentarios.