Cargando

36 Congreso semFYC organizado por AGAMFEC

36 Congreso semFYC organizado por AGAMFEC

Os vindeiros 9, 10 e 11 de Xuño celebrarase no Palexco de A Coruña o 36 Congreso da semFYC (Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria), que estará organizado pola AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria).

Neste Congreso nacional estará presente AGEFEC da man de Ana Sáez Ribao (Vogal de Saúde Pública e Comunitaria), que dentro da mesa PACAP (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) presentará unha poñencia titulada “Prescriptor de Actividade Comunitaria” o día 9 de Xuño de 15.30h a 17.30h.

A principal novidade precongresual deste evento é a apertura do ESPAZO DE PARTICIPACIÓN VIRTUAL, que ten como obxectivo abrir a participación no congreso a todos os profesionais sanitarios, e á poboación xeral, interesados nos temas que conforman os itinerarios temáticos do congreso. O Comité Organizador facilitará a interacción cos relatores de cada itinerario para que se poidan identificar e incorporar as situacións, experiencias, necesidades e reflexións que reflictan a heteroxénea realidade que existe en Atención Primaria (xunto a este correo un documento explicativo sobre este espazo de participación virtual).

Podes acceder ao espazo virtual preCongreso semFYC seguindo este enlace.

Dende a Xunta Directiva da AGEFEC animamos a todos/as os/as Enfermeiros/as de Familia a participar nesta actividade, para facer un debate o mais enriquecedor posible dende unha perspectiva multidisciplinar.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios