Cargando

O SERGAS EMITE UNHA NOTA INFORMATIVA SOBRE O RD 954/2015 DE “PRESCRICIÓN ENFERMEIRA”

O SERGAS EMITE UNHA NOTA INFORMATIVA SOBRE O RD 954/2015 DE “PRESCRICIÓN ENFERMEIRA”

Este martes 1 de marzo, o Conselleiro de Sanidade emitiu unha nota informativa na que se resolven dúbidas en canto as actuacións de tódolos profesionais enfermeiros do Servizo Galego de Saúde a raíz da publicación do RD de “prescrición enfermeira”.

As principais conclusións que se sacan do texto en relación a práctica diaria son:

  1. En relación a disposición adicional sexta do RD 954/2015, do 23 de outubro de indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte de Enfermeiros, o Ministerio de Sanidade queda habilitado “para dictar las disposiciones necesarias para la ejecución y desarrollo de lo dispuesto en este real decreto”. Polo tanto segundo a nota informativa da Consellería estas non cobran efectos mentres o Ministerio de Sanidade non dicte esas disposicións, é dicir, a acreditación dos profesionais e a publicación das guías de indicación do SNS.
  2. Como ata antes do RD de “prescrición enfermeira” os enfermeiros/as procederán a administración dos preparados indicados polos profesionais prescritores na historia clínica ou nas receitas.
  3. “Ante unha situación de estado de necesidade, o profesional sanitario, dentro do seu ámbito competencial deberá, en todo caso, actuar pola protección da saúde integridade, e vida do paciente”. É dicir, en circunstancias de emerxencia ou urxencia vital nas que perigue a vida do paciente.
  4. En situacións de urxencia nas que acuda o equipo asistencial tanto na Atención Primaria, extra-hospitalaria, e hospitalaria, procederase como se viña facendo ata antes deste RD. É dicir, o rexistro das indicacións e actuacións non debe comprometer a actuación asistencial.
  5. As actuacións dos Enfermeiros e Enfermeiras na Atención Primaria, Hospitalaria e na Atención Domiciliaria, seguirase facendo como ata antes do RD, conforme as guías e protocolos asistenciais instaurados recoñecendo por parte da Consellería a elevada cualificación profesional enfermeira. Isto quere dicir que a competencia enfermeira de validación do TAO, probas diagnósticas protocolizadas que leven consigo o emprego de fármacos ou outros preparados e a realización de curas e coidados das feridas non están comprometidas as nosas actuacións. Así mesmo, a Consellería deixa totalmente claro que “Por elo, deberá utilizar os medios, incluíndo o material sanitario que precise, para a mellor atención dos pacientes segundo os coiados requeridos” .
  6. En relación as campañas de vacinación (Programa Galego de Vacinación) a administración de vacinas correspóndese coa execución dunha “decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, ante un risco epidemiolóxico detectado e para preservar a saúde pública e a dos individuos máis expostos”. Neste apartado inclúense tódalas vacinas do Programa Galego de Vacinación, que comprende a vacinación infantil, campaña vacina antigripal e antipneumocócica e todas aquelas outras vacinas reguladas por instrucións específicas. Por outra banda sería precisa unha prescrición individualizada daquelas vacinas que non están incluídas no Programa Galego de Vacinación.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria valora moi positivamente esta Nota Informativa da Consellería de Sanidade, que pon fin a aclara moitas dúbidas en relación ao noso traballo diario.

Así mesmo, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria segue mantendo en pé o rexeitamento do RD 954/2015, do 23 de outubro de indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte de Enfermeiros, polas razóns xa mencionadas anteriormente.

Dende AGEFEC agardamos que esta Nota Informativa minimice os problemas xerados por este RD e que nun futuro non moi distante o RD sexa modificado conforme aos posicionamentos desta Sociedade Científica e das Sociedades que integramos FAECAP.

 

Nota Informativa da Consellería de Sanidade 1 de marzo do 2016

AGEFEC rexeita o Real Decreto da “Prescrición Enfermeira” polos termos nos que se desenvolve

agefec

agefec

1 Comment

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios