AGEFEC ofrece a súa colaboración as concellerías de saúde e benestar de varios Concellos Galegos
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) coa fin de promover os estilos de vida saudables mellorando así os coñecementos, a autonomía e o autocoidado das persoas, acaba de remitir a varias Concellerías de Saúde e Benestar Social dos Concellos de Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, un escrito de colaboración para toda actividade ou programa de saúde que consideren oportuno coa fin última de facer fronte aos novos retos que a sociedade está a demandar e proxectar o papel dos Enfermeiros e Enfermeiras de Familia e Comunitaria.
Esperamos que este ofrecemento teña una boa acollida e se poidan concretar futuras colaboracións para beneficio da sociedade e dos Enfermeiros e Enfermeiras de Familia e Comunitaria.
Non están permitidos os comentarios.