Cargando

Arquivos por meses:

Maio 2016

Galicia acolleu a 2ª Xornada de Residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria

O acto organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria este venres no salón de actos da Consellería de Sanidade obtivo un importante respaldo institucional. Tamén acudiu o Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña quen anunciou que a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista do Servizo Galego de Saúde comeza xa “os seus […]

AGEFEC segue promocionando a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades

Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia co obxectivo de dar a coñecer a nosa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como o seu programa formativo. Nas sesións realizadas durante o mes de maio tratáronse diversos aspectos relacionados coa […]

AGEFEC reúnese coa Dirección Xeral de Saúde Pública

AGEFEC reivindicou que o departamento valore a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria para a contratación eventual de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, polas súas competencias neste ámbito. O venres 20 de maio, unha delegación da AGEFEC formada polo Vicepresidente 1º Álvaro Carrera e a Vogal de Saúde Pública e […]

AGEFEC reclama un modelo de Atención Domiciliaria máis preventivo e con máis recursos

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria ven de remitir no día de hoxe varias cartas dirixidas a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS reclamando un novo modelo de Atención Domiciliaria acorde a nova realidade asistencial. Nas misivas dirixidas a varios cargos da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, entre eles o seu titular, […]

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

Tanto as socias e socios como os membros da directiva acudiron e participaron nas diferentes xornadas, actos e conmemoracións polo Día Internacional da Enfermaría. O mércores 11 de maio, arrincaron as XI Xornadas de Enfermaría de Ourense, que levaron como lema “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”. A elas acudiu unha ampla representación […]

Obradoiro de educación para a saúde no manexo de dispositivos inhalatorios

1ª Edición presencial 31 de Maio de 16:30 a 20:30 na na Biblioteca Pública “González Garcés” (A Coruña). Data límite de inscrición: 29 de maio do 2016 2ª Edición presencial: 7 de Xuño de 16:30 a 20:30 no Hospital Clínico de Santiago. Aula 3D. (Santiago de Compostela) Data límite de inscrición: 5 de Xuño do 2016 […]

AGEFEC reúnese con Ciudadanos

Este luns 2 de Maio, unha delegación de AGEFEC encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas  e pola Tesoureira Silvia M. Pazos reuníronse coas representantes de Ciudadanos, María Viñas Liñares Coordinadora da Agrupación de Santiago de Compostela e Dolores Pazos González, responsable de cidadanía. O encontro encádrase dentro das reunións que este partido está a […]

O Centro de Saúde do Porriño, premio nacional pola detección de erros

O Ministerio valorou positivamente o seu programa de seguridade do paciente. Fonte: Faro de Vigo.

VÍA EXTRAORDINARIA EFeC: Aviso de actualización de datos

 Comunícannos dende a Xefatura do Servizo de Enfermaría da Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Calificacións do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que se require da actualización dos datos das Enfermeiras/os que solicitaron o acceso ao título de especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria a través da vía extraordinaria, coa fin de axilizar […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios