Cargando

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

Tanto as socias e socios como os membros da directiva acudiron e participaron nas diferentes xornadas, actos e conmemoracións polo Día Internacional da Enfermaría.

O mércores 11 de maio, arrincaron as XI Xornadas de Enfermaría de Ourense, que levaron como lema “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”.

A elas acudiu unha ampla representación da Xunta Directiva da AGEFEC, liderada polo Presidente Francisco J. Represas, Álvaro Carrera Vicepresidente 1º, Xosé L. Álvarez Vogal de Formación e Ana Sáez Vogal de Saúde Pública e Comunitaria.

O xoves 12 de maio participaron en diversas mesas destas xornadas, varios asociados. María González Fondado, Enfermeira Especialista en Familiar e Comunitaria deu voz a comunicación “Atención integral ao paciente crónico e a familia no ámbito da comunidade” na mesa “O paciente crónico e o seu entorno”, na que relatou as necesidades deste tipos de pacientes e falou sobre a xestión deste tipo de casos dende a Atención Primaria.

IMG_1153A continuación tivo lugar a mesa de debate “Necesidades intercorrentes do doente pluripatolóxico, ¿abordámolas correctamente? ¿damos bos coidados asistenciais? ¿podemos melloralos se aumentamos a coordinación? Moderado por Mª Dolores Sánchez, Enfermeira do CS Valle Inclán de Ourense e cunha longa traxectoria na AP. Participaron no debate María José Feijoo Janeiro, Enfermeira do Centro de Saúde de Xinzo da Limia, Ana Fernández Conde Enfermeira de HADO, Xosé Luís Álvarez Prieto, en representación de Medicina Interna a pesares da súa longa traxectoria na AP, Mª del Carmen Piñeiro Vila en representación da Asociación de Veciños de San Breixo de Seixalvo e Álvaro Carrera García, Enfermeiro Especialista en Familiar e Comunitaria.IMG_1164

Esta última mesa puxo de relevancia a necesidade de que as Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria lideren a atención aos pacientes crónicos e pluripatolóxicos debido a alta necesidade de coidados, así como tamén resulta fundamental unha atención integral ao paciente, coidador e familia no contexto da comunidade e utilizando tódolos recursos que se ofrecen. Púxose de manifesto a necesidade dunha maior coordinación de coidados entre os diferentes recursos asistenciais (AP, HADO, Hospitalización, Sociosanitario) así como a necesidade dunha Historia Clínica Electrónica que inclúa os apartados de coidados accesibles a tódolos niveis asistenciais.IMG_1156

Na mañá do xoves tiveron lugar dous actos, un en Vigo na EUE do Meixoeiro a que acudiu o Presidente Francisco J. Represas e outro no Complexo Hospitalario da Coruña ao que acudiu a Tesoureira da AGEFEC Silvia M. Pazos.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, agradecemos as diferentes organizacións os convites e a oportunidade de poder compartir estes actos que fortalecen a nosa profesión.

Preme aquí pra ver máis imaxes

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios