Cargando

AGEFEC reclama un modelo de Atención Domiciliaria máis preventivo e con máis recursos

AGEFEC reclama un modelo de Atención Domiciliaria máis preventivo e con máis recursos

  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria ven de remitir no día de hoxe varias cartas dirixidas a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS reclamando un novo modelo de Atención Domiciliaria acorde a nova realidade asistencial.

Nas misivas dirixidas a varios cargos da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, entre eles o seu titular, o Director Xeral Jorge Aboal Viñas, ponse de manifesto a situación actual de envellecemento da nosa poboación, xunto coas enfermidades crónicas e as limitacións derivadas que incapacitan a realización de actividades básicas da vida diaria, feito que orixina un incremento na demanda de coidados no domicilio.

A Sociedade Científica resalta a o rol dos Enfermeiros/as de Familia e Comunitaria de Atención Primaria para abordar este reto. Por esta razón, avogan porque a Atención Domiciliaria teña máis peso nos Acordos de Xestión (ADX), que se melloren os indicadores desta actividade para coñecer o seu impacto en resultados de saúde e económicos, e se fomente a consulta de visita domiciliaria con intención preventiva e de seguimento para evitar visitas curativas (administración de tratamentos, realización de curas, etc.).

Preme pra ve-la carta.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios