Cargando

AGEFEC reúnese coa Dirección Xeral de Saúde Pública

AGEFEC reúnese coa Dirección Xeral de Saúde Pública

  • AGEFEC reivindicou que o departamento valore a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria para a contratación eventual de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, polas súas competencias neste ámbito.

O venres 20 de maio, unha delegación da AGEFEC formada polo Vicepresidente 1º Álvaro Carrera e a Vogal de Saúde Pública e Comunitaria Ana Sáez reuníronse co Director Xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, o Subdirector Xeral Xurxo Hervada e o Subdirector de Promoción de Estilos de Vida Saudables Jorge Suanzes.

Nesta reunión trasladouse a inquedanza da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria en relación a falta de recoñecemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria no proxecto de selección temporal de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, xa que esta é a única especialidade enfermeira con competencias neste ámbito. Dado que os especialistas vía EIR en Familia e Comunitaria rotan durante a súa formación polos diferentes dispositivos de Saúde Pública, a Dirección Xeral acolleu positivamente a proposta á que se comprometeu a valorar.

Así mesmo no transcurso da reunión púxose de manifesto o potencial dos Enfermeiros e Enfermeiras de Atención Primaria como nexo de unión con Saúde Pública para o desenvolvemento de diversos programas.

Dende AGEFEC agradecemos a boa disposición da Dirección Xeral de Saúde Pública por recibirnos.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios