Cargando

A ESPECIALIDADE DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA INCLÚESE NO NOVO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERGAS

A ESPECIALIDADE DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA INCLÚESE NO NOVO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERGAS

Hoxe día 30 de xuño, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola  que  se  dispón  a  publicación  do  pacto  subscrito  pola  Administración sanitaria  coas  centrais  sindicais  CIG,  CESM-O ́MEGA,  CC.OO.,  UGT  e  CSIF, sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) como Sociedade Científica, defende, apoia e promove o desenvolvemento  da nosa profesión a través da especialización e da xeración e difusión do coñecemento científico mediante a participación en actividades docentes e investigadores de diversa índole.

Por este motivo alegrámonos de que o Servizo Galego de Saúde dese por fin resposta as nosas demandas en relación a varios obxectivos centrados no ámbito laboral, como é a posibilidade do recoñecemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria como unha titulación que permita o acceso ás listaxes de contratación da categoría de enfermeiro/a do 061, e tamén o acceso á área especial de urxencias hospitalarias da categoría de enfermeiro/a.

Isto xustifícase porque durante o período de residencia, os/as enfermeiros/as internos residentes de Enfermaría de Familia, dentro do seu plan formativo realizan gardas de atención  continuada nos servizos de urxencias hospitalarias tanto de adultos como de pediatría e nos servicios de urxencias extrahospitalarias 061, cunha carga total nestes dispositivos de mais de 1.000 horas  repartidas durante os dous anos de residencia.

O mais destacado en relación á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria que se recolle neste novo pacto de selección temporal atópase no anexo I apartado b), onde nomea a categoría de enfermeiro/a especialista, que se publicará a súa creación nos próximos días no DOG, e na que se incluirá a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Neste aspecto, xa se recolle que a listaxe de contratación dos/as enfermeiros/as de Familia e Comunitaria terá carácter prioritario sobre a da categoría de enfermeiro/a nos supostos de indispoñibilidade de aspirantes especialistas ou cando o número de inscritos/as se prevexa insuficiente para dar cobertura ás necesidades da nosa especialidade.

Pero aínda quedan unha serie demandas que dende a AGEFEC seguimos reivindicando o seu recoñecemento, como son:

  • Axustar os sistemas de selección temporal para garantir que os especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria poidan ocupar postos de traballo nos Servizos de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, xustificado polo amplo campo de competencias que posúen estes profesionais no ámbito da Saúde Pública que foron adquiridas durante os dous anos de residencia.
  • Que o tempo traballado como residente sexa tido en conta, a tódolos efectos, como traballo efectivo no Sistema de Saúde ao igual que sucede noutras categorías profesionais e noutras comunidades autónomas.
  • Acadar un novo baremo de traslados no que se contemplen como méritos as publicacións científicas, comunicacións en congresos, doutorado, mestrados, proxectos de investigación, etc. de tal xeito que o tempo traballado non sexa o único mérito.

AGEFEC quere agradecer as diferentes Organizacións Sindicais e a Consellería de Sanidade, en especial a Dirección Xeral de RRHH,  que neste novo pacto se recollesen  algunhas das demandas da nosa Sociedade Científica, sobre todo o relacionado co recoñecemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios