AGEFEC reúnese co Concello de Ourense
- A reunión encádrase dentro da estratexia da Vogalía de Saúde Pública e Comunitaria de achegamento e colaboración cos Concellos galegos.
En representación do Concello de Ourense asistiron o Alcalde Jesús Vázquez e a Concelleira de Asuntos Sociais e Sanidade María Sofía Godoy e por parte da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria o Vicepresidente 1º Álvaro Carrera e a Vogal de Saúde Pública e Comunitaria Ana Sáez.
No encontro a AGEFEC ofertou a súa disposición a colaborar co Concello de Ourense en todas aquelas actividades que considerasen necesarias e o Alcalde xunto a Concelleira emprazaron aos representantes da Sociedade Científica a adoptar unha actitude proactiva para achegar abertamente cantas iniciativas considerasen aplicables a realidade do municipio ourensán.
Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria queremos agradecer ao Concello de Ourense a acollida recibida e tamén por mostrar a súa disposición a colaborar a prol da mellora da saúde dos cidadáns.
Non están permitidos os comentarios.