Cargando

AGEFEC traslada as súas demandas ao Voceiro de Sanidade do PP de Galicia

AGEFEC traslada as súas demandas ao Voceiro de Sanidade do PP de Galicia

O día 2 de agosto o Presidente da AGEFEC, Francisco J. Represas, mantivo unha xuntanza con Aurelio Núñez, Voceiro de Sanidade do Partido Popular co obxectivo de lograr que as demandas da Enfermaría de Atención Primaria da nosa Comunidade Autónoma sexan incluídas no programa electoral do Partido Popular de Galicia para as vindeiras eleccións autonómicas galegas que terán lugar o 25 de setembro do 2016.

O presidente de AGEFEC presentou o documento titulado “PROPOSTA DE MELLORA DOS COIDADOS ENFERMEIROS NA ATENCIÓN PRIMARIA” que foi elaborado co consenso de todos os membros da Sociedade Científica e foi aprobado de forma definitiva pola actual Xunta Directiva da AGEFEC o pasado 15 de setembro de 2015.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria queremos agradecer ao portavoz de Sanidade do Partido Popular de Galicia que contase con nós, como Sociedade Científica que representa a Enfermaría de Atención Primaria de Galicia, para coñece-las nosas propostas de cara a súa posible inclusión no programa electoral do PPdeG.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios