Cargando

A Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria cumpre un ano en Galicia

A Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria cumpre un ano en Galicia

  • Este sábado 20 de agosto, cómprese un ano da entrada en vigor deste dereito para os usuarios do Servizo Galego de Saúde.
  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria considera que esta medida tivo un impacto positivo para os usuarios xa que agora poden escoller o profesional no que sintan maior confianza.

Fai un ano, para dar a coñecer este novo dereito dos usuarios de Atención Primaria de Galicia, regulado por medio do  Decreto 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia  a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) liderou unha campaña informativa baixo o lema “O teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfermeiro/a” e a premisa “A confianza no profesional que te atende é fundamental”.

 

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) destaca que esta mellora permitiu e permite a poboación en xeral, as familias e aos individuos en particular coñecer en todo momento a Enfermeira de referencia responsable dos seus coidados, o que da pé a mellora-lo proceso de comunicación Enfermeira-Paciente, incrementando a eficacia na continuidade de coidados en calquera proceso de saúde-enfermidade, feito que anteriormente se podía ver comprometido xa que o paciente non podía levar a cabo unha asignación concreta de Enfermeiro/a.

 

Dende AGEFEC bótase en falta que un ano despois da entrada en vigor desta norma, a día de hoxe, aínda non sexa posible levar a cabo a elección de profesional a través da páxina web do SERGAS, tal e como ocorre con outros profesionais.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios