Cargando

Curso presencial: Entrevista motivacional – nivel 1

Curso presencial: Entrevista motivacional – nivel 1

17, 18 e 19 de Novembro do 2016 en Allariz

Tras máis de 20 anos transcorridos desde a súa creación, a Entrevista Motivacional constitúe hoxe unha das abordaxes fundamentais para tratar todos aqueles procesos que requiran cambios vitais, especialmente os asociados á saúde. Recoñecida como gold-standard no tratamento dos problemas relacionados co consumo de substancias a súa utilidade acada un amplo campo na área da Atención Primaria da Saude: adopción de conductas saudables e abandono de perxudiciais, adherencia a tratamento en patoloxías crónicas, traballo con adolescents, saúde mental, etc.

Con este curso ofrécese a formación reglada, recoñecida a nivel estatal e internacional, permitindo ós participantes realizar posteriormente a formación máis avanzada.

Metodoloxía docente:

O desenvolvemento dun curso de Nivel I en Entrevista Motivacional responde a un estándar de caracter internacional definido por MINT. Este estándar, require a adquisición de coñecementos e, sobre todo, habilidades clínicas, que se abordan cunha minima parte teórica e exercicios prácticos; ( traballo en pequenos grupos e posterior posta en común, análise de entrevistas gravadas, roll-playing, etc).

A dinámica que se estabrece é de participación e feed-back continuados entre os asistentes e os docentes. Pódese afirmar que, manténdose nos obxectivos de acadar habilidades clínicas homoxéneas, o desenvolvemento de cada curso presenta enriquecedoras diferencias para os participantes.

Programa

Tríptico

 

Lugar

Rúa Tras San Bieito nº2, Allariz, Ourense.

Prezo curso

125€

Pago

Mediante tranferencia bancaria a C.C.C: ES 69 0128 0130 71 0500000344 Entidade Bankinter

Inscrición:

Pra inscribirte debes remitir a seguinte información xunto a copia da transferencia bancaria a semg-galicia@semg.es ou ao fax 988 688 322: Nome, Apelidos, e-mail, teléfono, titulación.

Máis información en http://www.semg.es/sociedades-autonomicas/galicia/actividades/1377-entrevista-motivacional-2016.html

 

Organiza Colabora
 semg-galicia logotipo_vertical
agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios