Cargando

Oferta de prazas EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia no 2017

Oferta de prazas EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia no 2017

O pasado 13 de Setembro publicouse no BOE a Orde SSI/1461/2016, do 6 de setembro, pola que se convocan as probas selectivas 2016 para o acceso no ano 2017 ás prazas de formación sanitaria especializada. A data de realización do exame será o vindeiro 28 de xaneiro de 2017, a duración da proba será de 5 horas e o número de preguntas será 225 máis 10 de reserva para todas as titulacións.

Para enfermería ofértanse un total de 994 prazas, o que representan un aumento de 26 prazas con respecto á última convocatoria. No caso da Enfermería Familiar e Comunitaria, ofértanse 293 prazas a nivel nacional, seguíndose unha liña ascendente no número de prazas de formación convocadas.

Pero na nosa Comunidade Autónoma, o SERGAS oferta unha praza menos con respecto ao ano anterior, polo que a situación actual da nosa especialidade para o ano 2017 é a seguinte:

UNIDADE DOCENTE PRAZAS OFERTADAS

2015

PRAZAS OFERTADAS

2016

PRAZAS OFERTADAS

2017

A Coruña

Ferrol

Pontevedra

O Salnés

Vigo

Ourense

5

4

0

6

4

Non acreditada

6

4

2

2

6

2

5

4

2

2

6

2

Lugo

Santiago

Non acreditadas  
TOTAL 19 22 21

Aínda así, comprácenos dicir, que a dia de hoxe, a especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria é a especialidade enfermeira que mais prazas de formación oferta en Galicia. Isto é posible grazas ao gran esforzo persoal daquelas persoas que configuran as Unidades Docentes (presidentes das subcomisións de enfermería, xefes de estudios, titores e colabores docentes) así como das Direccións de Enfermería, AGEFEC e do Servizo de Docencia da Consellería de Sanidade.

Dende a AGEFEC, seguimos reclamado ao Servizo Galego de Saúde que oferte a totalidade das prazas acreditadas, así como que se acrediten as Unidades Docentes de Santiago e Lugo como Multiprofesionais, para que se poidan formar a futuros enfermeiros/as especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios