Cargando

V Xornadas Científicas bianuais da AGEFEC os próximos 14 e 15 de outubro no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

V Xornadas Científicas bianuais da AGEFEC os próximos 14 e 15 de outubro no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Sociedade Científica Enfermeira máis importante de Galicia, é a que representa ao colectivo de enfermeiros e enfermeiras de Atención Primaria.
  • Este é o primeiro evento científico de gran dimensión que acolle o novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) presenta nesta V edición un programa científicos que en palabras do seu Presidente Francisco Represas define como “Moi completo e moi intenso para intentar situar onde se merece a Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia.  Despois de que a nosa especialidade se recoñecese no SERGAS mediante o Decreto 81/2016, agora atopámonos nun período decisivo para o seu desenvolvemento e a súa aplicación, cos beneficios que isto representa para toda a poboación Galega”.

Cartel V Xornadas AGEFECO lema destas xornadas é “Rede de Coidados. Traballando en equipo.” Nelas abordarase como temática principal a continuidade de coidados entre os diversos ámbitos asistenciais, centrándose no papel fundamental que teñen os/as Enfermeiros/as de Familia e Comunitaria neste aspecto.

A Presidenta do Comité Organizador das V Xornadas Científicas da AGEFEC, Mª Lorena Comesaña, explica que escolleron como imaxe representativa do evento o monumento ao traballo da cidade de Vigo porque “representa a unión do esforzo común en pos dunha mesma fin, sendo este mesmo espírito o que pretendemos imprimir nestas xornadas, que deben servirnos para reforzar a nosa unión, escoitar e aprender do que temos á beira , aproveitando as sinerxías do grupo, porque só así, traballando en equipo é como conseguiremos romper as barreiras que dificultan a nosa labor no coidado dos pacientes.”

O programa ven cargado de obradoiros e simposios o venres, nos que se abordarán os coidados das persoas ostomizadas, traballo con grupos de pacientes en Atención Primaria, terapia de vendaxes neuromusculares en feridas, abordaxe ao tabaquismo, actualización en vacinación antineumocócica, monitorización flash de glicosa e a súa evidencia na práctica clínica, educación de pacientes con tratamento anticoagulante oral (TAO), fiabilidade dos medidores persoais de glicosa, e o papel do coláxeno nas lesións e nas afeccións do aparello locomotor.

O sábado, os participantes exporán as súas comunicacións orais e pósters de temática variada no campo da atención familiar e comunitaria. Haberá tamén dúas mesas redondas de debate sobre Comunicación entre niveis asistenciais  e sobre Intervencións de ámbito sanitario na comunidade, cunha clara apertura ao papel da atención integral aos individuos, familias e comunidades dende unha Atención Primaria forte, preventiva e resolutiva.

A conferencia maxistral correrá a cargo do Doutor en Psicoloxía, José Luís Bimbela Pedrola, que exerce a súa actividade profesional como docente, investigador e consultor na Escola Andaluza de Saúde Pública.

Preme aquí pra acceder ao programa

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios