Cargando

Resumo das V Xornadas Científicas da AGEFEC

Resumo das V Xornadas Científicas da AGEFEC

Conclusións do Comité Organizador

O obxectivo principal destas Xornadas era, que tódolos profesionais implicados no coidado do paciente, nos sentaramos a falar da continuidade dos nosos coidados e da comunicación entre os distintos niveis asistenciais, para poder identificar que podemos mellorar e así aumenta-la calidade da nosa atención.

Finalizadas as Xornadas, conclúese que o obxectivo principal foi cumprido satisfactoriamente, xa que ademais da mesa redonda, na que participaron compañeiros de tódolos niveis asistenciais. Estes fixeron unha excelente labor para poder ofrecernos unha visión integral da continuidade do coidado na nosa comunidade.

As comunicacións orais e pósters abordaron tamén a temática da continuidade de coidados dende outras perspectivas dando a coñecer “un novo rol enfermeiro”, o enfermeiro consultor sanitario, valoráronse ferramentas de comunicación como o programa Conecta 72 de Galicia e incluso se valorou a continuidade de coidados noutras comunidades como a madrileña. Expuxéronse casos como queda reflexada a actuación enfermeira ante a complicación dunha ferida.

Outro dos temas destacados nestas V Xornadas Científicas da AGEFEC, foi a importancia da promoción da saúde a través das intervencións comunitarias, competencias que temos gardadas no caixón descoñecendo a causa exacta: falta de tempo, descoñecemento, falta de liderado… Por elo a organización das Xornadas creou unha mesa na que se expuxeron ideas innovadoras que se están levando a cabo en Galicia como: Pasominuto de Pontevedra, Mapeo Comunitario en Vigo e o Proxecto Narón. Esta mesa foi reforzada coas comunicacións libres de: deterioro cognitivo relacionado coa diabetes na poboación xeriátrica, a enfermaría escolar, aprendendo en equipo, guía de recomendacións dietéticas no paciente oncolóxico, etc. Grandes exemplos que representan a nosa labor comunitaria e o necesario traballo en equipo.

É destacable o escoitado nunha das exposicións orais: “todo o que non está escrito, non existe”. Así mesmo, é preciso esixir a Administración que nos permita rexistrar tódalas actividades de educación para a saúde coa comunidade, deste xeito a labor dos enfermeiros comunitarios será máis visible polo que outros profesionais de Atención Primaria, o poderán usar de exemplo ou directamente adaptalas nos seus centros de saúde.

Un aspecto sobre o que xiraban algúns relatorios e que foi  inesperado e que destacou especialmente foi o que falaba da profesionalidade, a imaxe, o que representamos para os pacientes. Traballos que teñen por obxectivo aos enfermeiros e enfermeiras como: estilos de vida saudable e vacinación antigripal en persoal enfermeiro, actividade física en traballadores, a importancia que damos á seguridade do paciente (SINASP)…

Logo de resumir neste texto dous días moi intensos, dende o Comité Organizador só nos podemos mostrar agradecidos pola súa participación e asistencia e porque sabemos o que queremos e a onde queremos chegar.

Tomeime o privilexio de coller unha frase de un dos traballos que creo que resume moi ben o espírito destas Xornadas, di así:

“El desafío es cultivar un espíritu colectivo y continuo en lugar de defender cada área profesional, en donde diferentes profesionales nos identificamos como parte de un todo con un propósito común”.

Gustaríame finalizar dando as grazas: a Consellería de Sanidade, Deputación de Pontevedra, Colexio Oficial de Enfermaría de Vigo, as casas patrocinadoras e a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo por ternos axudado a facer posibles estas Xornadas.

Agradecer tamén aos integrantes do Comité Científico e o Organizador pola súa dedicación e esforzo.

Agardamos que estas V Xornadas Científicas da AGEFEC fosen do seu interese. Moitas grazas a todos.

Asdo.

María Lorena Comesaña Diego

Presidenta do Comité Organizador

 

Conclusións do Comité Científico

Na cidade de Vigo a 15 de outubro do 2016, no aula 8 do Hospital Alvaro Cunqueiro, sendo as 13:45 horas e reunido o Comité Científico das Xornadas, formado por: Dº X.Luis Álvarez Prieto como Presidente e polos vocais: Dº Luis Arantón Areosa ( que xustifica a súa ausencia por problemas persoais), Dº Angel A. Martinez de Ques, Dº Camilo D. Raña Lama e Dª Maria Luisa Sampedro. Acorda por unanimidade dos presentes as seguintes concluisións:

  • Agradecer a todos os que presentaron traballos, a estas xornadas, tanto en formato de comunicación oral como de poster, o esforzo realizado e a súa contribución tanto a calidade das Xornadas como o seu éxito.
  • Nas últimas xornadas de Agefec, celebradas en Ourense, o comité científico solicitaba un pequeno esforzo , no referido a calidade na metodoloxía como na presentación dos traballos. Hoxe podemos dicir que este obxectivo cumpriuse de maneira clara e evidente. Tódolos traballos presentados acadan unha meritoria calidade nestes aspectos.
  • Nesta edición, o Comité Ceintífico actual, pide un novo esforzo nos tipos de estudo. Animamos a que os investigadores vaian máis aló dos estudos descriptivos e tamén que afonden en cuestión que teñan que ver coa poboación tanto de usuarios como xeral.
  • Unha das cuestións faladas e debatidas nestas xornadas, foi o da comunicación tanto entre profesionais do mesmo nivel, como interniveis e unha das cuestións, valorada como fundamental, neste apartado foi a necesidade de ter bos instrumentos de rexistro e que eses rexistros fosen de calidade. Neste Comité Científico tamén nos engadimos a esa proposta pois de non ter esa calidade nos rexistros calquera estudo que se queira facer vai estar lastrado por un importante número de sesgos negativos.
  • A Enfermería que traballa na Atención Primaria, ten que animarse e interrogarse sobre o que fai no día a día, ten que formularse interrogantes e pescudar respostas sobre si o que fai serve para mellorar os coidados aos pacientes e de non ser así que novos camiños hai que emprender para conseguilo. Entendemos que non é doado compaxinar todo o que se fai a cotio nos centros de saúde coa actividade formativa e investigadora por elo, solicitamos que os xestores da nosa sanidade teñen que ser cada día máis sensibles a istes temas e abrir canles que faciliten a actividade dos que se adican a investigación e incrementar o número de bolsas de axuda para que sirvan tamén como incentivos nestas tarefas que redundan de xeito tan positivo na calidade dos servizos prestados como no desenvolvemento profesional.

Por último, agradecer ao comité organizador e a secretaría técnica das xornadas o seu esforzo e bo facer para que o cometido deste Comité se poidese levar adiante con éxito e que as Xornadas de Vigo tivesen o éxito e participación tan interesantes. A nosa noraboa e parabéns para eles.
Asdo.

X.Luís Álvarez Prieto
Presidente do Comité Cientifico

 

Premios as Comunicacións e ao mellor Póster

Comunicacións Orais

  • 1º Premio: A presentada baixo o título de “DETERIORO COGNITIVO Y SU RELACIÓN CON LA DIABETES MÉLLITUS EN LA POBLACIÓN GERIÁTRICA DE GALICIA. Traballo presentado por D. Miguel Ángel Carreiro Alonso
  • 2º Premio: Ao traballo presentado baixo o título de “ACTIVIDAD FÍSICA EN TRABAJADORES DE ATENCIÓN PRIMARIA”. Traballo presentado por Dna. Yaiza Carrera Romero
  • 3º Premio: Ao traballo presentado baixo o título de “SISTEMA DE NOTIFICACIÓN Y APRENDIZAJE PARA LA SEGURIDAD DEL PACIENTE (SiNASP). SITUACIÓN ACTUAL EN ATENCIÓN PRIMARIA DE FERROL”. Traballo presentado por D. Bruno Castro Matesanz

Mellor Póster

  • Traballo presentado baixo o título de “CRIBADO DE FRAGILIDAD Y RIESGO DE CAÍDAS”. Presentado por Dna. Natalia Marcilla Pedrayes.

 

Libros de Comunicacións

Pósters V Xornadas Científicas da AGEFEC

Comunicacións Orais V Xornadas Científicas da AGEFEC

Reportaxe gráfica

Preme aquí pra ve-la reportaxe gráfica das V Xornadas Científicas da AGEFEC

 

 

 

 

 

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios