Cargando

AGEFEC reúnese co Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG

AGEFEC reúnese co Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG

Este luns 14 de novembro, o Presidente e a Tesoureira da AGEFEC, Francisco Represas e Silvia Pazos, reuníronse co novo voceiro de sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG, Julio Torrado Quintela.

No encontro analizouse principalmente a situación da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria no seu aspecto laboral e formativo, situacións das Unidades Docentes, Titores, e a aplicación do Decreto 81/2016.

Tamén o voceiro de sanidade do PSdeG, acolleu con bos ollos o “plan de mellora dos coidados enfermeiros na atención primaria”  proposto por AGEFEC.

Por último, o Deputado Torrado fixo entrega ao Presidente da AGEFEC da proposición non de lei rexistrada o pasado 2 de novembro para o seu debate no pleno do Parlamento de Galicia, instando ao Goberno galego a que leve a cabo as actuacións precisas ante o Goberno central para acadar a derogación do Real Decreto 954/2015, do 23 de outubro (“prescrición enfermeira”) e a regulación dunha nova normativa adaptada á realidade asistencial do traballo enfermeiro no Sistema Nacional de Saúde.

Queremos agradecer ao PSdeG, e en especial a o seu voceiro de sanidade, Julio Torrado Quintela, o súa iniciativa de recibirnos no Parlamento de Galicia para escoitar as demandas da Sociedade Científica Enfermeira máis numerosa de Galicia e poder traballar na mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria.

Proposición non de lei PSdeG sobre o RD de Prescrición Enfermeira do 2 de novembro do 2016

http://www.psdeg-psoe.com/os-socialistas-esixen-ao-sergas-que-aplique-o-decreto-para-a-incorporacion-en-atencion-primaria-dos-enfermeiros-coa-especialidade/

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios