Cargando

Especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria denuncian ante o SERGAS o bloqueo da súa inserción laboral

Especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria denuncian ante o SERGAS o bloqueo da súa inserción laboral

  • O grupo asesor de Promoción da Especialidade da AGEFEC, que representa a totalidade dos Enfermeiros especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia fixeron entrega de dúas cartas no rexistro da Consellería de Sanidade dirixidas ao Conselleiro de Sanidade e a Directora Xeral de RRHH.

Este luns 12 de decembro, os integrantes do grupo asesor de Promoción da Especialidade da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) acudiron a sede central do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) sita en San Lázaro en Santiago de Compostela, onde fixeron entrega de dúas misivas dirixidas ao Conselleiro de Sanidade e a Directora Xeral de RRHH.

Nas cartas enviadas, o colectivo denuncia a discriminación que está a sufrir fronte as especialidades enfermeiras de ámbito hospitalario, xa que a esta (Familiar e Comunitaria) non a recoñecen nin para Atención Primaria nin para Saúde Pública. Os Especialistas critican que esta discriminación vai máis alá e denota a falta de consideración e aposta pola Atención Primaria por parte da Consellería e SERGAS.

Así mesmo, os Enfermeiros e Enfermeiras Especialistas en Familiar e Comunitaria, lémbranlle aos responsables do SERGAS que con este bloqueo están desprezando e non tendo en consideración o diñeiro público investido nestes profesionais, así como tamén o esforzo humano de titores e colaboradores docentes que forman a estes profesionais sen ningún tipo de remuneración á maiores, simplemente por compromiso coa Sanidade Pública.

Os especialistas denuncian que se está a utilizar a burocracia para enlentecer e complicar un proceso que está pendente unicamente de que o SERGAS informe ás organizacións sindicais da Mesa Sectorial de Sanidade e acto seguido proceda a publicar unha orde de apertura de listas de contratación.

Por outra banda, estes lémbranlle que “non imos consentir ser un dano colateral de ningún tipo de negociación coas organizacións sindicais ou outros colectivos”.

Dende Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) agardamos que o Conselleiro de Sanidade e a Directora Xeral de Recursos Humanos reaccionen e se desbloquee esta situación.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios